martes, 31 de marzo de 2020

PARTICIPACIÓN NO ARTELIXO DENDE CASA



ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR. CREADE A VOSA OBRA EN CASA E MANDÁDEA A "artelixoredondel@gmail.com"
LEMBRADE QUE O TEMA DESTE ANO É "A PEGADA DA HUMANIDADE NA TERRA"

lunes, 30 de marzo de 2020

DESCARGA DA APP ABALARMÓBIL

Para descargar a aplicación AbalarMóbil e obter información sobre a mesma preme AQUÍ

Para calquera dúbida chamar a este número (de10h a 13h, de luns a venres): 886 110 629

miércoles, 25 de marzo de 2020

ABALAR MÓBIL

Aconsellamos ter instalada no móbil a aplicación "AbalarMóbil", xa que dende o centro estanse a mandar avisos e notificacións a través desta aplicación. Agradecemos a colaboración.
Unha aperta e moito ánimo!!💪💪

#RetoMindfulness


Imos propoñer unha rutina diaria de Mindfulness... queredes acompañarnos neste #RetoMindfulness....??

A meditación, combinada coa relaxación, é unha ferramenta que se centra en tomar conciencia dunha/dun mesma/o, pensar máis no presente e buscar solucións para o aquí e o agora.
Participar é moi doado, só tedes que facer os retos diarios que aparecerán neste blog, no novo apartado chamado: EMOCIÓNATE

En cada reto seguide as seguintes instruccións: 

  1. Facervos unha foto ou grabar un minivídeo (1 minuto como máximo)
  2. Compartilo a través da seguinte conta de correo electrónico:
    orientacionsmarina@gmail.com
  3. No asunto do e-mail teredes que poñer este código e o voso nome:
     CEPSM1 
  4. Cada reto durará 2 días
  5. Publicarase un novo reto cada 2 días
  6. Poderedes enviar asfotos ou vídeos ata o venres de cada semana para
    que saian publicados a vindeira semana.
Ao principio da seguinte semana, colgaremos no blogue un vídeo con todas as vosas fotos e vídeos!!!

Temos a seguridade de que a relaxación, o Mindfulness e a Intelixencia emocional vos axudarán moito a adaptarvos a esta nova situación e a vivir e compartir esta nova experiencia, porque así estaremos máis preto!!!.

#NACASAPEROXUNT@S 

martes, 24 de marzo de 2020

PAUTAS DE ACTUACIÓN FACILITADAS DENDE ORIENTACIÓN

O  Departamento de Orientación do noso cole recomenda levar a cabo unhas pautas de actuación nestes días nos que nos miramos na obriga de permanecer nos nosos fogares. Para consultar estas pautas PREME AQUÍ

MISIÓN: QUEDAR NA CASA

Aquí vos deixamos uns documentos moi chulos para traballar coas nenas e os nenos. Botádelle un ollo: (versión en galego e versión en castelán)






lunes, 23 de marzo de 2020

NOVA LAPELA NO BLOG

Xunto coa lapela dos aniversarios, creamos unha nova chamada: "O balcón de Primeiro". Nesta nova sección do blog subiremos vídeos feitos polas familias, vídeos das nenas e dos nenos contando ao resto das compañeiras e compañeiros como pasan estes días de estar na casa: poden explicar algunha manualidade, recitar poemas, contar un conto, cantar unha canción, ensinar unha receita de cociña... o que se vos ocorra. Animádevos!!

Mandar os vídeos á seguinte dirección: profesoniaredondela@gmail.com

viernes, 20 de marzo de 2020

Traballo sen agobios

Lembramos que as actividades propostas son de carácter voluntario, non hai que facelo todo. Deixamos material a maiores para que as familias poidan adaptarse aos seus tempos e circunstancias. O obxectivo é non perder o contacto con actividades escolares, pero a prioridade son as nenas e nenos, entre todos tentaremos facer a súa estancia na casa o máis levadera posible. Ánimo!!!

ANIVERSARIOS NA CASA

Para aquelas nenas e nenos que estarán de aniversario nestes días de estar na casa, creamos unha nova lapela chamada: ANIVERSARIOS, para enviar os nosos parabéns e estar co noso alumnado nun día tan especial (aínda que sexa a distancia)😉

jueves, 19 de marzo de 2020

O conto do coronavirus




Como o Salón do Libro de Pontevedra non se pode facer fisicamente, vaise realizar de forma virtual. Para a súa estrea amósannos un conto do coronavirus xenial para facer con papel!!!
Ollade para el e animádevos a facelo nas casas!



miércoles, 18 de marzo de 2020

PROPOSTA DE HORARIO DIARIO ORIENTATIVO PARA ESTAS SEMANAS


30 minutos de exercicio físico
Collede calquera das rutinas que incluimos no blog de coreografías con música
ou de rutinas de EF (ximnasia na casa ou ioga)


30-40 minutos de matemáticas 
Calquera tipo de actividade das suxeridas: podedes ir alternando
as que son na rede ou as que son imprimibles en función das vosas posibilidades.
Se non podedes imprimir sempre poden ler desde a tablet ou ordenador e contestar
nun caderno. Puxemos a disposición moitas no blog.


20-30 minutos de lingua galega
Collede unha das lecturas que imos deixando colgadas no blog.
Cada día unha.  Despois poden ler 10 minutos un dos libros de lectura
que teñamos na casa ou que poidamos ler na internet e escribir
unha frase sobre o que acabamos de ler.


20-30 minutos de lingua castelá
Facer cada día unha das lecturas comprensivas que están postas no blog 
e ler 10 minutos un dos libros de lectura que teñamos na casa ou
que poidamos ler na internet e ao rematar escribir unha frase.


20-30 minutos de ciencias sociais/naturais
Ide alternando cada día escolledes unha actividade de naturais ou sociais.
Deixamos varias colgadas no blog e seguiremos poñendo máis.


20 minutos de actividades de inglés
Das propostas no blog


1 vez á semana /20-30 min

Para traballar algunha das actividades propostas de relixión ou valores
que tamén temos preparadas


Como xa dixemos, este horario é unha proposta e variará en función
do ritmo do neno ou nena  e, por suposto, do tempo que lle poidades dedicar
cada familia, pois cada situación é diferente.
Simplemente queremos ofrecervos unha idea de como organizar a mañá
na casa durante estas semanas.
Lembrade que tan importante como o tempo de traballo é o de descanso entre unha
e outra actividade (5- 10 minutos) e aproveitade estes intres para que se movan
con cancións, xogos…

O tipo de actividades que propoñemos para lingua galega son iguais para lingua castelá,
o único que varía é o idioma. Podedes ir alternando un día lectura comprensiva
en castelán e escritura en galego e ao día seguinte viceversa.
Estes días colgaremos exercicios específicos de escritura.


Estas actividades son RECOMENDABLES pero sempre VOLUNTARIAS,
xa que non son avaliables e dependen das posibilidades de acceso a internet de cada familia,
polo non serán supervisadas polo profesorado.
O alumnado de primeiro non é o suficientemente autónomo como para levar a cabo
estas tarefas só polo que terá que ser alguén da familia quen o controle.
Con eles/as as correccións a distancia tampouco funcionan polo que teredes que ser vós. 

Iso si, estamos á vosa disposición e se tedes algunha dúbida sobre as actividades
podedes deixar un comentario no blog.
Actualizámolo cada día e estamos pendentes do que nos dicides.

É importante que non nos agobiemos e que entendamos que estamos nunha
situación crítica para tod@s. Moito ánimo e  facede o que poidades.

O EQUIPO DE PROFESORAS/ES DE PRIMEIRO do CEP SANTA MARIÑA

AULAS GALEGAS

WEB CON RECURSOS EDUCATIVOS PARA TODOS OS NIVEIS:  PREME AQUÍ




lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PARA TRABALLAR DESDE CASA

RECOMENDACIÓN


Ler un pouco cada día partindo do nivel lector de cada nena ou neno (títulos de contos, de xogos, etiquetas ou marcas de produtos que atopedes pola casa, contos adaptados a súa idade...). Tamén é recomendable escribir algunha frase ou conto breve, inventado ou copiado. As titoras iremos facendo recomendacións e engadindo tarefas ao longo da semana. Non é necesario facelo todo, un pouquiño cada día é suficiente. Se algún enlace non vos funciona non vos preocupedes, non é necesario facelo, en ocasións dan erros, estaremos revisando cada día para intentar que todas as actividades funcionen correctamente. 
Un saúdo e moito ánimo.




ACTIVIDADES DE VERÁN

Recomendacións lectoras:  Actividades de verán: