sábado, 13 de junio de 2020

ACTIVIDADES ÚLTIMA SEMANA


Atendendo as vosas preferencias, a última semana deste curso subiremos ao blog actividades tipo pasatempos, xogos de escapismo e actividades lúdicas. 

Para aqueles/as que solicitastes contidos iguais que  ata o de agora podedes atopar unha proposta para cada día na lapela de "Actividades Extra Voluntarias".

jueves, 4 de junio de 2020

NOTA SOBRE OS RECREOS DOS XOVES

O vindeiro xoves día 11 é festivo en Redondela, polo que non haberá recreos. 

O xoves día 18 será o derradeiro recreo virtual do curso, pois este finaliza o 19 de xuño, polo que será un recreo para despedirnos ata o curso próximo.

Atentamente, o profesorado de 1º

viernes, 15 de mayo de 2020

NOTA SOBRE AS FICHAS INTERACTIVAS



Seguramente en máis dunha ocasión sucedeu que algunha das fichas interactivas propostas non funcionou. Isto débese á gran cantidade de conexións que se producen nun mesmo tempo, así que nos vos preocupedes, se non van ben pódense deixar para outro momento e facer aquelas que son de escribir no caderno. 

Tamén pode ocorrer que a corrección dalgunha ficha dea respostas erróneas cando estas están ben (sobre todo en actividades de comprensión lectora). Neste último caso o que conta é a resposta acertada da comprensión, sen ter en consideración a corrección da propia ficha (ao ser resposta libre pode dar como resposta incorrecta unha resposta que é correcta).

Queremos transmitir con esta nota tranquilidade á hora de realizar as tarefas, somos conscientes das dificultades engadidas que as actividades que non funcionan provocan, por iso recomendamos ou ben deixalas para outro momento ou ben intentar facelas nunha folla ou libreta. 

Grazas e moito ánimo, para calquera consulta nos tedes á vosa disposición nos enderezos electrónicos facilitados no blog. 

Unha gran aperta do profesorado de primeiro. 

sábado, 9 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Esta semana é a semana das Letras Galegas
Aquí tedes un vídeo que circula polas redes moi representativo da gran riqueza da nosa lingua e cultura, e tamén tedes unhas actividades relacionadas co autor homenaxeado este ano: CARVALHO CALERO






ACTIVIDADES: 


jueves, 7 de mayo de 2020

TITORÍAS VIRTUAIS

A través da aplicación ABALAR, ou ben mediante o enderezo electrónico de cada clase, podedes solicitar unah titoría telemática coas titoras (a través da plataforma usada para os recreos virtuais). 

Para solicitala polo abalar tedes, arriba á esquerda, un menú (3 raias horizontais) onde aparece o apartado de "titorías". Entrade nel, tedes á dereita na parte de arriba un signo (+). Premedes nel e elixides á titora. Á hora e data posta por defecto é martes de 6 a 7, pero podedes cambialo premendo enriba. Só falta pór un breve texto en observacións e premer arriba á dereita en "Aceptar". 

Nós responderemos polo mesmo medio en canto nos chegue a solicitude.

Enderezos de cada aula: 

1ºA: profesoniaredondela@gmail.com

1ºB: maorge1@gmail.com

1ºC: tripulacion1a@gmail.com

ACTIVIDADES DE VERÁN

Recomendacións lectoras:  Actividades de verán: