miércoles, 18 de marzo de 2020

PROPOSTA DE HORARIO DIARIO ORIENTATIVO PARA ESTAS SEMANAS


30 minutos de exercicio físico
Collede calquera das rutinas que incluimos no blog de coreografías con música
ou de rutinas de EF (ximnasia na casa ou ioga)


30-40 minutos de matemáticas 
Calquera tipo de actividade das suxeridas: podedes ir alternando
as que son na rede ou as que son imprimibles en función das vosas posibilidades.
Se non podedes imprimir sempre poden ler desde a tablet ou ordenador e contestar
nun caderno. Puxemos a disposición moitas no blog.


20-30 minutos de lingua galega
Collede unha das lecturas que imos deixando colgadas no blog.
Cada día unha.  Despois poden ler 10 minutos un dos libros de lectura
que teñamos na casa ou que poidamos ler na internet e escribir
unha frase sobre o que acabamos de ler.


20-30 minutos de lingua castelá
Facer cada día unha das lecturas comprensivas que están postas no blog 
e ler 10 minutos un dos libros de lectura que teñamos na casa ou
que poidamos ler na internet e ao rematar escribir unha frase.


20-30 minutos de ciencias sociais/naturais
Ide alternando cada día escolledes unha actividade de naturais ou sociais.
Deixamos varias colgadas no blog e seguiremos poñendo máis.


20 minutos de actividades de inglés
Das propostas no blog


1 vez á semana /20-30 min

Para traballar algunha das actividades propostas de relixión ou valores
que tamén temos preparadas


Como xa dixemos, este horario é unha proposta e variará en función
do ritmo do neno ou nena  e, por suposto, do tempo que lle poidades dedicar
cada familia, pois cada situación é diferente.
Simplemente queremos ofrecervos unha idea de como organizar a mañá
na casa durante estas semanas.
Lembrade que tan importante como o tempo de traballo é o de descanso entre unha
e outra actividade (5- 10 minutos) e aproveitade estes intres para que se movan
con cancións, xogos…

O tipo de actividades que propoñemos para lingua galega son iguais para lingua castelá,
o único que varía é o idioma. Podedes ir alternando un día lectura comprensiva
en castelán e escritura en galego e ao día seguinte viceversa.
Estes días colgaremos exercicios específicos de escritura.


Estas actividades son RECOMENDABLES pero sempre VOLUNTARIAS,
xa que non son avaliables e dependen das posibilidades de acceso a internet de cada familia,
polo non serán supervisadas polo profesorado.
O alumnado de primeiro non é o suficientemente autónomo como para levar a cabo
estas tarefas só polo que terá que ser alguén da familia quen o controle.
Con eles/as as correccións a distancia tampouco funcionan polo que teredes que ser vós. 

Iso si, estamos á vosa disposición e se tedes algunha dúbida sobre as actividades
podedes deixar un comentario no blog.
Actualizámolo cada día e estamos pendentes do que nos dicides.

É importante que non nos agobiemos e que entendamos que estamos nunha
situación crítica para tod@s. Moito ánimo e  facede o que poidades.

O EQUIPO DE PROFESORAS/ES DE PRIMEIRO do CEP SANTA MARIÑA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADES DE VERÁN

Recomendacións lectoras:  Actividades de verán: