Deixámosvos os últimos vídeos sobre métodos educativos.
Como xa sabedes para as matemátics estamos seguindo o método ABN e agora que xa o ides coñecendo imos amosarvos os diferentes tipos de restas. Mirade este vídeo:
Agora propoñémosvos unha presentación sobre como fomentar a creatividade e nos dan varias ferramentas que poden ser moi útiles. Anotádeas que logo hai que indagar máis para usalas.
LUNS 25 DE MAIO
Esta é a segunda semana que vos propoñemos actividades para as familias que queiran saber máis sobre a educación de hoxe en día.
Irémolas deixando ao final desta páxina.
Queridas familias:
Esta é a segunda semana que vos propoñemos actividades para as familias que queiran saber máis sobre a educación de hoxe en día.
Irémolas deixando ao final desta páxina.
Queridas familias:
Sabemos que nestes últimos meses estades a ter que ser nais/pais e, ademais, docentes das vosas fillas e fillos e isto non é doado.
O profesorado do noso nivel, en primeiro lugar, queremos transmitirvos o noso agradecemento polo enorme esforzo que isto supón dentro, ademais, da compexidade da situación. En segundo lugar queremos darvos ánimos para continuar nesta liña de traballo e colaboración co colexio que estades a demostrar. E por último, os nosos desexos de que esteades ben e que as nosas vidas vaian indo cara á normallidade dentro do posible.
Para todas aquelas familias que aínda tedes tempo e gañas para dedicarlle á educación escolar creamos esta lapela que só pretende afondar en aspectos académicos que poden ser do voso interese.
Polo tanto, este apartado non vai destinado ao alumnado senón a aquelas persoas da famlia que queren saber máis sobre a educación hoxe en día, metodoloxías que seguimos, cursos, propostas, charlas, curiosidades…
Imos empezar deixándovos 2 propostas:
Método ABN (táboa do 100)
- Un vídeo-titorial sobre como sumar na táboa
- Un vídeo-titorial sobre movementos na táboa do 100Tamén vos deixamos unha proposta moi interesante do Pazo da cultuta en Pontevedra. Son charlas on-line sobre como fomentar a lectura nas famlias. Hainas todos os venres ás 18h.
DEIXÁMOSVOS NOVAS PROPOSTAS DE APRENDIZAXE PARA FAMILIAS
Unha de matemáticas onde nos explican os niveis de conteo nas nenas e nenos.
Todos han de pasar por eles, non podemos saltar ningún:
nivel corda, cadea irrompible, cadea rompible, numerable bidireccional.
Tamén vos deixamos un pequeno vídeo a modo de presentación de
José Ramón Gago, un profesor e neuropsicólogo que insiste na importacia
de introducir cambios nas metodoloxías educativas. Se vos gusta hai moito
máis sobre el na internet. A nós gústanos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario