Imos propoñer unha rutina diaria de Mindfulness... queredes acompañarnos
neste #RetoMindfulness....??
A meditación, combinada coa relaxación, é unha ferramenta que se centra en
tomar conciencia dunha/dun mesma/o, pensar máis no presente e buscar solucións
para o aquí e o agora.
Participar é moi doado, só tedes que facer os retos diarios que aparecerán neste blog, no novo apartado chamado: EMOCIÓNATE
En cada reto seguide as seguintes instruccións:
-
Facervos unha foto ou grabar un minivídeo (1 minuto como máximo)
-
Compartilo a través da seguinte conta de correo electrónico:orientacionsmarina@gmail.com
-
No asunto do e-mail teredes que poñer este código e o voso nome:CEPSM1
-
Cada reto durará 2 días
-
Publicarase un novo reto cada 2 días
-
Poderedes enviar asfotos ou vídeos ata o venres de cada semana para
que saian publicados a vindeira semana.
Ao principio da seguinte semana, colgaremos no blogue un vídeo con todas as vosas fotos e vídeos!!!
Temos a seguridade de que a relaxación, o Mindfulness e a Intelixencia emocional
vos axudarán moito a adaptarvos a esta nova situación e a vivir e compartir esta nova experiencia, porque así
estaremos máis preto!!!.
#NACASAPEROXUNT@S
No hay comentarios:
Publicar un comentario