MARTES

MARTES 16 DE XUÑO

Hoxe toca divertirse facendo un "Escape Game" sobre un conto dun bufo que non podía durmir... A ver se sodes quen de superar todas as probas!!




MARTES 9 DE XUÑO
LINGUA GALEGA

Comezaremos coma sempre cuns minutos lendo e relaxándonos coa hora de ler. Gozade!


HORA DE LER (15-20 MIN)

TERTULIA LITERARIA
Como xa sabedes ao rematar o tempo de lectura cada un de ós comenta algo sobre o que acaba de ler e, así, compartimos as nosas lecturas.

FICHA INTERACTIVA
Esta ficha ten 2 exercicios, un de ordenar as palabras dunha frase e outro de corrixir os erros e escribila
correctamente.

enlace ficha



ORDENAMOS VIÑETAS E ESCRIBIMOS A HISTORIA (no caderno)
Como xa sabedes, esta actividade consiste en primeiro ordenar as secuencias de historia correctamente e,
unha vez que o temos, contala en voz alta para logo escribila.
Unha oración por viñeta.
Recordade empregar palabras como: Primeiro, despois, ao final, a continuación, logo...
Ponlle tamén nome as nenas.



MOI BEN !!
REMATACHES LINGUA GALEGA
E HOXE NON ERA DOADO

INGLÉS
Hoxe repasaremos os alimentos.

- Vemos este vídeo (3 min).

- Facemos esta ficha (10-15 min).

- Debuxamos unha pizza ou unha tortilla con ingredientes que nos gustan e escribimos os seus nomes en inglés. (15 min)

- Vemos este vídeo ( 2 min) e este outro ( 2 min).

- Dicimos en voz alta os alimentos que nos gustan e os que non. (2 min) Por exemplo:
"I like mushrooms, eggs, carrots, cheese and peas". "I don´t like sausages".
(Fixádevos na pronunciación dos vídeos).


MARTES 2 DE XUÑO
LINGUA GALEGA

Comezaremos coma sempre cuns minutos lendo e relaxándonos coa hora de ler. Gozade!

HORA DE LER (15-20 MIN)




LECTURA EN VOZ ALTA (10 min)
Imos ler un trociño do libro en voz alta preocupándonos de parar nos puntos e entonar
adecuadamente nas comas e nas expresións como as preguntas e exclamacóns.
A/O adulta tamén ha de ler un cachiño en alto coa fin de amosar como se fai correctamente.

LECTURA COMPRENSIVA
Nesta ocasión temos que seguir as instrucións que nos indican, para isto, debemos
ler cada unha delas con atención. Imos ver como andamos de orientación!

enlace á ficha




Agora trátase dun pequeno texto con preguntas

enlace á ficha


EXPRESIÓN ESCRITA (no teu caderno)
Inventa unha oración onde aparezan estas palabras:

Tixola        vermello/a

___________________________________________________

Xeonllo         pantalóns

____________________________________________________

Cóbado      colexio

____________________________________________________

Pestanas                  longas

_____________________________________________________



REMATAMOS POR HOXE
LINGUA GALEGA!!


INGLÉS : ANIMAIS E PARTES DO CORPO. 


- Vemos este vídeo e este outro. (5 minutos cada un)

- Practica a dicir en voz alta as túas partes do corpo como fai o "Gingerbread man" no minuto 1 do 2º vídeo. (5 minutos)

- Debuxamos 3 destes animais, escribimos o seu nome e as partes do seu corpo (se as teñen).
Para debuxalos podedes copialos do primeiro vídeo. (20-30 minutos)

Animais: Tiger, snake, giraffe, mouse, elephant and monkey.

Partes do corpo: arms, legs, nose, mouth, eyes.




MARTES 26 DE MAIO


LINGUA GALEGA

(entre 60- 70 min sen contar descanso)

HORA DE LER (15-20 MIN)

Como dicimos no cole toca “hora de ler”. Isto significa que collemos o libro que esteamos a ler

e lemos en silencio durante este tempo (sempre é aproximado pero 15 é  case o mínimo).

É moi aconsellable que o acompañemos lendo o resto da casa ao mesmo tempo todos en silencio

cada quen o seu libro de lectura. Non teñades medo a estar máis tempo lendo se está a funcionar. 



Aqueles nenos que non sexan capaces poden facer lectura compartida, é dicir, van lendo con nós,

e imos comentando a  lectura.

Por favor, non vos saltedes esta parte da sesión, se non vos vai ben ao inicio podedes facela ao

rematar para relaxarse.

LECTURA EN VOZ ALTA (10 min)
De vez en cando imos cambiar a "tertulia" por lecturas en voz alta, é dicir, imos ler un
trociño do libro en voz alta preocupándonos de parar nos puntos e entonar adecuadamente
nas comas e nas expresións como as preguntas e exclamacóns. A/O adulta tamén ha de ler
un cachiño en alto coa fin de amosar como se fai correctamente.

EXPRESION ESCRITA (30min)
Esta actividade ímola facer no noso caderno, así que vai colléndoo e tamén o lapis e a goma.
En primeiro lugar, temos que observar os debuxos das escenas que temos diante. Cóntannos
unha historia e vas ter que contala en alto dicindo o que ocorre en cada unha das catro escenas.
Unha vez ue o temos escribimos o que sucede en cada viñeta e ao rematar teremos unha
historia escrita.



Aconsellámosche empezar por :

Un día...., A semana pasada..., Onte..., ...

Enlaces para as seguintes secuencias:
Despois... Logo..., A continuación...

Na última podes empezar con:
Por último..., Ao final..., 

Por certo a rapaza chámase Laura e o can Tor. Veña! Cóntanos a túa historia sobre o baño de Tor!
Póñovos un exemplo (pero, non vale copiar!!)

Onte, ao volver do paseo, Tor estaba moi sucio e Laura decidiu lavalo. Primiero, encheu a súa bañeira con auga e xabón e meteuno dentro. Despois, sacouno e, cunha mangueira, quitoulle os restos de escuma. Ao final, Laura secouno cunha toalla. Que ben cheiraba!


COMPRENSIÓN DE TEXTOS NO ORDENADOR (10 min)




ESTUPENDO!
REMATACHES GALEGO POR HOXE.


INGLÉS
Continuamos repasando o material escolar.
- Vemos este vídeo , este vídeo e este outro.(10 min).
- Facemos esta ficha (10-15 minutos).
Os alumnos que teñen suspensa a materia de inglés deberán facer a ficha aquí.

Se alguén ten problemas para abrir a ficha pode facer a actividades así:



- Xogo: nun folio facemos un camiño parecido a este (20-40 minutos)

e completamos os recadros con números (1-10), cores e material escolar.
Despois precisades un dado e unha ficha para cada xogador.
Ao lanzar o dado deberedes dicir en inglés a palabra correspondente antes de mover a ficha.









MARTES 19 DE MAIO
(entre 60- 70 min sen contar descanso)
HORA DE LER (15-20 MIN)

Como dicimos no cole toca “hora de ler”. Isto significa que collemos o libro que esteamos a ler
e lemos en silencio durante este tempo (sempre é aproximado pero 15 é  case o mínimo).
É moi aconsellable que o acompañemos lendo o resto da casa ao mesmo tempo todos en silencio
cada quen o seu libro de lectura. Non teñades medo a estar máis tempo lendo se está a funcionar. 

Aqueles nenos que non sexan capaces poden facer lectura compartida, é dicir, van lendo con nós,
e imos comentando a  lectura.
Por favor, non vos saltedes esta parte da sesión, se non vos vai ben ao inicio podedes facela ao
rematar para relaxarse.


TERTULIA LITERARIA (5 min)
Dedicamos 5 minutos a falar sobre o libro que estamos a ler: quen é o protagonista?
Como é ? cal é a personaxe que máis nos gusta? Onde sucede todo?
Que pasou hoxe no que limos?...
Tamén teriamos que contestar nós acerca do noso libro.

Consiste en compartir interese no que cada un está  a ler.

COMPRENSIÓN LECTORA (10min) ENLACE Á FICHA ON-LINE





CADERNO E LAPIS (15min)

Colle o teu caderno, un lapis e goma. 
A continuación vas ver unhas frases sen rematar que vas ter que continualas ti. Intenta pór máis de 2 palabras en cada frase.
Recorda que sempre hai que poñer punto ao final de cada oración . 
Fíxate no exemplo e fai ti as seguintes:


Ex:  A miña avoa leme contos todos os días.

O meu amigo Marcos..........

Na tenda da miña rúa.......

O xoves pola tarde...........

André investiga......

Lois e Alicia pasean......


COMPLETA O SEGUINTE TEXTO COAS PALABRAS DO RECADRO (15 min) 









Para as máis listas e listos !
A ver se vos lembrades doutra forma de
chamarlle aos tiburóns en galego. Cal será destas?

OLLOMOL RAPE QUENLLA TRIBO


BRAVO!
XA REMATACHES GALEGO POR HOXE


INGLÉS:
Hoxe repasaremos o material escolar

VEMOS DOUS VÍDEOS: VÍDEO 1 E VÍDEO 2 (15 min).


FACEMOS DÚAS FICHAS: FICHA 1 E FICHA 2 (15-25 min).

Os alumnos que suspenderon a materia de inglés deberán facer
esta ficha e, ao rematala, escribir o seu nome para que eu a reciba.

En caso de que teñades problemas coas fichas,
podedes copiar esta actividade nun papel e unir os debuxos cos nomes:

SE QUEREDES PODEDES FACER ESTE EXERCICIO (5 min).
Tedes que escoller a palabra que corresponde coa imaxe e, a continuación,
seleccionar "next" (encima do debuxo) para pasar á seguinte imaxe.


SE QUEREDES PODEDES FACER ESTE EXERCICIO (5 min).
Escollede a palabra correcta para cada debuxo. Ao rematar seleccionamos "check".


DEBUXAMOS O MATERIAL ESCOLAR QUE TEMOS NA CASA (15-25 min).
Escribimos en inglés os nomes do material que coñecemos.



MARTES 12 DE MAIO
(entre 45- 60 min sen contar descanso)

HORA DE LER (15-20 MIN)



Como dicimos no cole toca “hora de ler”. Isto significa que collemos o libro que esteamos a ler
e lemos en silencio durante este tempo (sempre é aproximado pero 15 é  case o mínimo).
É moi aconsellable que o acompañemos lendo o resto da casa ao mesmo tempo todos en silencio
cada quen o seu libro de lectura. Non teñades medo a estar máis tempo lendo se está a funcionar. 

Aqueles nenos que non sexan capaces poden facer lectura compartida, é dicir, van lendo con nós,
e imos comentando a  lectura.
Por favor, non vos saltedes esta parte da sesión, se non vos vai ben ao inicio podedes facela ao
rematar para relaxarse.


TERTULIA LITERARIA (5 min)
Dedicamos 5 minutos a falar sobre o libro que estamos a ler: quen é o protagonista?
Como é’ cal é a personaxe que máis nos gusta? Onde sucede todo?
Que pasou hoxe no que limos?...
Tamén teriamos que contestar nós acerca do noso libro.
Consiste en compartir interese no que cada un está  a ler.


FICHA DE EXERCICIOS   Ordena oracións  (20 min)
Son actividades que se poden facer no propio ordenador e se corrixen automaticamente ou ben copiar os resultados no caderno.  



 (20-30  min)
       Son actividades que se poden facer no propio ordenador e se corrixen automaticamente ou ben copiar os resultados no caderno.  

Acordádevos de facer algunha destas actividades a man para que escriban co lapis.


INGLÉS

Hoxe repasaremos os alimentos


- VEMOS ESTE VÍDEO E ESTE OUTRO (7 MIN).



- FACEMOS DÚAS FICHAS (20 - 30 MIN): FICHA 1 e FICHA 2

Escoita os nomes dos alimentos premendo nas imaxes e une cada debuxo co seu nome.
Despois elixe a palabra que corresponde a cada debuxo e busca as palabras na sopa de letras.


Os alumnos que teñen suspensa a materia de inglés deberán facer 
ESTA FICHA e, ao rematala, escribir o seu nome para que eu a reciba.


Lembrade que tedes que usar "Google chrome" ou "Safari" para poder escoitar os nomes dos alimentos. 




- UN PASO MÁIS (15 - 20 MIN).

Podedes facer unha lista da compra debuxando e escribindo o nome en inglés
de 4 dos alimentos que aparecían nas fichas anteriores.






MARTES 5 DE MAIO


LINGUA: 
Comezamos coa primeira sesión de lingua galega neste novo blog reformado (entre 50- 65 min sen contar descanso)


HORA DE LER (15-20 MIN)


Cada vez que empecemos cunha sesión de galego dedicaremos 15 minutos á lectura.
Como dicimos no cole toca “hora de ler”. Isto significa que collemos o libro que esteamos a ler e
facémolo en silencio durante este tempo (sempre é aproximado pero 15 é  case o mínimo).
É moi aconsellable que o acompañemos lendo o resto de persoas da casa ao mesmo tempo
todos en silencio cada quen o seu libro de lectura.
Non teñades medo a estar máis tempo lendo se está a funcionar. 
Aqueles nenos que non sexan capaces poden facer lectura compartida, é dicir, van lendo con nós, e imos comentando a  lectura.
Por favor, non vos saltedes esta parte da sesión, se non vos vai ben ao inicio podedes facela ao rematar para relaxarse.


TERTULIA LITERARIA (5 min)
Dedicamos 5 minutos a falar sobre o libro que estamos a ler: quen é o protagonista?
Como é’ cal é a personaxe que máis nos gusta? Onde sucede todo? Que pasou hoxe no que limos?...
Tamén teriamos que contestar nós acerca do noso libro. Consiste en compartir interese no que cada
un está  a ler.


FICHA DE EXERCICIOS   Texto Gato (20-30 min)
Son actividades que se poden facer no propio ordenador e se corrixen automaticamente (despois
de TERMINADO dálle a "comprobar tus respuestas") ou ben copiar os resultados no caderno. 
Tedes que poñer maiúscula ao principio e punto ao final. Danse varias respostas como correctas
pero pode ser que a vosa tamén o sexa e non a comtemple. Tede en conta tamén os acentos.


CONTAMOS UNHA HISTORIA (10 min)
Esta actividade consiste en inventar unha historia a partir destas imaxes (coma se  lanzásemos os
cubos do “story cubes”) podemos deixar levarnos pola imaxinación pero ten que ter coherencia e
estar toda fiada, non serven frases inconexas. A idea é só contala oralmente, e vale cambiar a orde
dos 4 elementos.
         


Un paso máis

Para aqueles que queiran continuar propóñovos que escribades esa historia que acabades
de inventar.
Podedes mandala ao balcón de primeiro para que tod@s a leamos.




INGLÉS: 

Hoxe repasaremos as partes do corpo (body parts). 


CANTAMOS E BAILAMOS ESTA CANCIÓN E VEMOS ESTE VÍDEO (6-8 MIN)



FACEMOS ESTA ACTIVIDADE E ESTA OUTRA (15-25 MINUTOS)

Fixádevos en que na primeira páxina de cada exercicio podedes escoitar o nome 

das imaxes premendo nelas (se empregades google chrome ou safari) 



@s alumn@s que teñen suspensa a materia de inglés na segunda avaliación 

deberán facer esta actividade e, ao rematala, escribir o seu nome (sen apelidos). 



Un paso máis

Para aqueles que queiran xogar, propóñovos "O aforcado" (hangman). 

Xa xogamos na clase varias veces, así que @s nen@s coñecen as normas:

un/ha xogador/a pensa unha palabra do vocabulario traballado e debuxa tantas liñas como letras ten esa palabra. 
@ outr@ xogador/a debe adiviñar a palabra dicindo letras. 
Por cada letra que diga que non apareza na palabra, debuxarase unha liña do aforcado. 


1 comentario:

ACTIVIDADES DE VERÁN

Recomendacións lectoras:  Actividades de verán: