MÚSICA






SEMANA DO 4 AO 10 DE MAIO

Ola chicas e chicos!!!!!!
Que ben que agora se pode saír a rúa, non? Ademais onte fixo un día estupendo!
Imos cun pouco de música para comezar a semana. Lembrade que a partir de agora tedes clase de Música os luns!
Pois imos aló...
Lembrades que na última clase falamos dos instrumentos de corda? 

Pois esta semana tócalle a quenda aos INSTRUMENTOS DE VENTO. 


 
Premede aquí para aprender máis sobre eles



Hai moitos máis! Pero imos buscar os que saíron no vídeo na seguinte sopa de letras. Preme aquí e atopa os 6 instrumentos!








E para rematar ... a mover as cadeiras co tema dos Minions!!!!!!!!!!!!

Preme aquí!





Boa semana...e que non pare a música!!!!!!!!!!!!





Semana do 20 ao 26 de abril

Ola chicas e chicos!!!!Que tal?
Imos alá cunhas actividades musicais!!
Lembrades que os instrumentos musicais teñen a súa propia familia? Hai a familia de corda, a de vento e a de percusión. Esta semana imos coñecer

 algo máis á familia de instrumentos de corda. Premede aquí

 
E agora vexamos que tal facedes os crebacabezas instrumentais... Son 4, e antes de pasar ao seguinte na frecha, activade o “play” no trianguliño de abaixo, para escoitar a música. A que é moi fermosa?
Premede aquí para facelos.

E por último... que tal se movemos un pouco as cadeiras???
Premede aquí para bailar o “Gangnam Style”


Semana do 13 ao 19 de abril

Ola!!! Que tal de vacacións de Semana Santa? 

Pois si, pasaron rapidiño E en breve, xa veredes, podemos saír á .rúa. Estades sendo uns campións e unhas campioas!!!


Esta semana imos comezar co tema dos

 instrumentos musicais

A continuación tedes unha serie de actividades para coñecelos, aínda que vós xa sabedes un montón!!




Os instrumentos musicais tamén teñen a súa familia: hai de corda,

 vento e percusión. Premede aquí para aprender un pouco máis sobre 

eles.




Por último...imos lembrar un baile que fixemos na clase.Premede aquí para escoitalo e, aínda que é para facer en grupo, podedes explicar na casa aos demais o que teñen que facer...
Unha aperta moi grande a todos e todas!!!!




 














































































































Semana do 23 ao 29 de marzo

Ola chicas e chicos!!!!!

Que tal estades?????Agardo que ben e que pronto esteamos  

xuntos no cole. Xa veredes que isto pasa rapidiño. Temos que 

ter paciencia.
Aí van algunhas actividades de música...
Bicos a moreas!!!!!

  • Titorial para fabricar o teu propio instrumento de música.
    Moitos materiais os teredes na casa; ao mellor non todos 

    pero podedes botarlle un pouco de imaxinación e cambiar 

    o que queirades.
    Iso si... ides precisar a axuda dun adulto!!
       A ver se á volta ao cole me ensinades algún instrumento!


  • E non esquezades mover un pouco o esqueleto!!!!!!
    Aí vos vai un baile...  
     
       







https://youtu.be/PKyuJhHQCfI










 
A bailar!!!!






















































SEMANA DO 16 AO 22 DE MARZO



 
  • Exercicios de discriminación auditiva:



  • Canción e baile “Quedada literaria”:

Dentro de pouco vai ter lugar a quedada literaria!!! :). Podedes ir 

mirando un pouquiño o baile e a canción “Colle o teu libro!” para que 

sexa máis doado á volta!


























































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADES DE VERÁN

Recomendacións lectoras:  Actividades de verán: