AVISO A TODAS AS FAMILIAS DE PRIMEIRO
O vindeiro luns cambiaremos o formato do noso blog. Así, en lugar de ter asignaturas teremos os días da semana para que vos sexa máis doada a planificación do traballo diario.
Este será o horario proposto:
Cando chegue o luns entraredes na pestana “LUNS” e alí teredes actividades de matemáticas
e música xa que son as dese día. Así co resto de días da semana.
Asimesmo continuaremos coas lapelas de “o balcón de primeiro”, “aniversarios”,
“galería de arte”, “contos e lecturas”, “emociónate” e “orientación”
para que nos enviedes as fotos, vídeos ou enlaces de cousiñas interesantes
que ides facendo na casa.
Tamén incluiremos unha pestana con material a maiores para cando o necesitedes.
Aquí teremos recursos e enlaces dos que xa dispuñades antes para seguir traballando e experimentando a maiores.
E, como gran novidade, teremos unha lapela denominada “XIMCANA” con propostas desta índole
para entreternos estes días na casa en familia e recordar os nosos venres do cole.
➤➤Cada venres colgaremos un cuestionario moi rápido sobre como vos foi durante a semana.
Serán preguntas sinxelas para saber se o traballo é claro, doado/difílcil, demasiado/escaso…
para nós poder adaptarnos ó mellor posible ás vosas necesidades.
É MOI IMPORTANTE que todo o alumnado CUBRA ESTE CUESTIONARIO semanalmente,
pois serviranos como o sistema de seguimento que dende a administración se nos solicita.
Estará á vosa disposición desde o venres ata o domingo de cada semana.
Lembrade que seguides tendo á vosa disposición os mails de 1º A, B e C
para poñervos en contacto coas titoras e así resolver calquera dúbida. Recordámolos:
- 1º A : profesoniaredondela@gmail.com
- 1º B: maorge1@gmail.com
- 1ºC: tripulacion1a@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario