viernes, 15 de mayo de 2020
NOTA SOBRE AS FICHAS INTERACTIVAS
Seguramente en máis dunha ocasión sucedeu que algunha das fichas interactivas propostas non funcionou. Isto débese á gran cantidade de conexións que se producen nun mesmo tempo, así que nos vos preocupedes, se non van ben pódense deixar para outro momento e facer aquelas que son de escribir no caderno.
Tamén pode ocorrer que a corrección dalgunha ficha dea respostas erróneas cando estas están ben (sobre todo en actividades de comprensión lectora). Neste último caso o que conta é a resposta acertada da comprensión, sen ter en consideración a corrección da propia ficha (ao ser resposta libre pode dar como resposta incorrecta unha resposta que é correcta).
Queremos transmitir con esta nota tranquilidade á hora de realizar as tarefas, somos conscientes das dificultades engadidas que as actividades que non funcionan provocan, por iso recomendamos ou ben deixalas para outro momento ou ben intentar facelas nunha folla ou libreta.
Grazas e moito ánimo, para calquera consulta nos tedes á vosa disposición nos enderezos electrónicos facilitados no blog.
Unha gran aperta do profesorado de primeiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
O vindeiro xoves día 11 é festivo en Redondela, polo que non haberá recreos. O xoves día 18 será o derradeiro recreo virtual do curso, ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario