Para posibilitar un achegamento virtual do alumnado entre elas/es e o profesorado, imos crear unha sesión de "Patios Virtuais" unha vez á semana.
Trátase dunha conexión virtual conxunta (a través de videochamada) con todo o alumnado dunha mesma clase e as titoras e profesorado especialista, co obxectivo de saudarse e facilitar un encontro á distancia.
Só se precisa ter conexión a Internet e unha tablet ou un móvil.
Esta semana faremos a proba o mércores día 29 no seguinte horario:
1ºA: 12:00h (dirección: https://eduxunta.webex.com/meet/soniavidal)
1ºB: 12:30h (dirección: https://eduxunta.webex.com/meet/maorge)
1ºC: 13:00h (dirección:https://eduxunta.webex.com/meet/alemuinhos)
Cada sesión terá unha duración aproximada de 15-20 minutos, sendo esta voluntaria e podéndose desconectar en calquera momento.
Para poder participar seguide as indicaciones do titorial que aparece a continuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario