viernes, 17 de abril de 2020

ESTE ANO TAMÉN HABERÁ MAIOS, PERO NA CASA




O colectivo Sinha PACA organiza, coa colaboración da Concellaría de
cultura do Concello de Redondela, un certame de maios virtual
Como xa sabedes, por mor da alerta sanitaria polo Coronavírus o Concello de
Redondela suspendeu, entre outros eventos, a festa dos maios que se ía
celebrar o vindeiro 1 de maio na Alameda.
Por ese motivo, e xa que temos que estar moito tempo nas nosas casas,
pensamos en non perder de todo este ano os maios e organizar uns “Maios
Confinados”.
A idea é que a xente participe desde as casas, coas debidas medidas de
seguridade sanitaria, facendo maios (maquetas, miniaturas ou o que se
poida) e tamén coplas (mínimo de 6) para subilas nas redes sociais e
páxinas do concello.
A convocatoria está aberta para todos os colectivos e centros
culturais das parroquias, que aínda que non se poden xuntar, si poden
difundilo para que a veciñanza poida participar desde os fogares, en
familia ou de xeito individual.
Coa idea de manter o mais parecido posible o espírito da festa,
abrimos a convocatoria ata o 28 de abril, para presentar todos os
proxectos participantes. O 1 de maio a traves de internet, o Concello
otorgaría os premios aos maio e coplas gañadoras así como á interpretación dos videos presentados
MAIOS: cada maio participante terá que enviar unha fotografía dun maio
feito con calquera tipo de materiais e de calquera tamaño.
COPLAS: cada maio participante terá que enviar un mínimo de seis coplas
INTERPRETACIÓN (opcional): vídeos cantando algunhas coplas arredor do maio
que presenten.
Enviar os maios e datos a: cultura@redondela.gal
Nome do maio, fotografía do maio (jpg), coplas (doc ou pdf) e video (mov) (opcional)
número de teléfono e correo electrónico (opcional).  
Haberá premios aos mellores maios, coplas e interpretación presentadas.
Os premios consistirán en lotes de libros e entradas para o teatro.
Todos os maios presentados serán expostos na páxina da concellalía de cultura do concello de Redondela o 1 de maio de 2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ACTIVIDADES DE VERÁN

Recomendacións lectoras:  Actividades de verán: